9ª edición FESTIVAL KEROUAC en Vigo

O Festival Kerouac ilumina Vigo coa poesía

 - Celébrase do 2 ao 6 de outubro coa presenza de Rompente, Lisboa Poetry Ensemble, Rocío Cerón, Silvia Penas, Tamara Andrés, Samir Delgado ou Yolanda Castaño, entre outros.
 - Comezou hai 9 anos en Vigo e agora celébrase tamén en Ciudad de México, en xaneiro, e Nova York, en abril, actuando como ponte poética sobre o Atlántico para a promoción das nosas linguas.

 

 

O festival
En outubro de 2010, os vigueses Vanesa Álvarez e Marcos de la Fuente decidiron lanzar un festival de poesía, performance e acción artística na cidade de Vigo, xusto un ano antes de toda a explosión poética que se viviu en Madrid, cos micros abertos de Bukowski e Blue Devils impulsados polo movemento 15-M. Aquela primeira edición do festival celebrouse na praza de Arquitectos e na xa desaparecida sala La Fiesta de los Maniquíes, en Churruca, cos lisboetas Volta-Face como cabeceira de cartel, acompañado de Juanma Lodo, Xesús Valle, Tiatreros, Guy Bobillo o Teatro do Revés. Agora, nove anos despois, o festival conta con escenarios en Ciudad de México e Nova York -onde tamén produce o evento mensual This is Poetry- e trouxo a Vigo máis de 200 artistas de todo o mundo, incluíndo músicos, poetas e intérpretes.

 

Músicos, poetas e intérpretes
Nesta novena edición a sensación será o regreso aos escenarios do grupo pioneiro de resistencia poética Rompente. Reixa, Romón e Avendaño volven 40 anos despois da súa aparición artística para recordarnos aos que abriron o camiño da poesía experimental na nosa cidade. 
De México chega a poeta e activista cultural Rocío Cerón, unha das voces máis importantes da poesía do seu país. Desde Londres, a parella de intérpretes e artistas conceptuais Luna Montenegro e Adrián Fisher, que percorreron o mundo coas súas instalacións artísticas e sonoras. 
Desde Lisboa, o Lisbon Poetry Ensemble, un exquisito cuarteto de música e palabra falada en portugués. 
O poeta canario afincado en México, Samir Delgado, director do Tren dos Poetas, presentará o seu novo libro Xardín Seco.
A representación galega chega no novo proxecto de Silvia Penas e Tamara Andrés, Cartografías para un pergamiño portátil. De Pontevedra chega Moloch, o novo proxecto da guitarrista de Bala. Ademais, unha selección de propostas de toda España e Portugal en chamada aberta, con Constance Hurlé e Rui Grelha, Lúa Mosquetera, Noctiluca, Daniel Rodríguez ou Beatriz Alonso, completan un espectacular cartel de 5 días para 7 eventos diferentes.

 

Espazos
En canto á sede central, repiten con respecto a edicións anteriores a Fundación Barrié de la Maza, onde o venres poderemos gozar con Rompente, Silvia Penas e Tamara Andrés e Montenegro Fisher. 
Yolanda Castaño trae o xoves á Galería Sargadelos aos poetas que nesas datas estarán habitando a sempre poética illa de San Simón: Tradución poética internacional da man do Obradoiro "Con barqueira e remador", con Gonzalo Hermo, Itisha Giri, Adrian Grima ou Arvis Viguls entre outros. 
Tamén o restaurante El Corte Inglés, na tarde do sábado, acollerá un recital coa estrea en Vigo da poeta mexicana Rocío Cerón, o proxecto de Constance Hurlé e Rui Grelha, hacialaluz, e Noctiluca, poesía recitada sobre música, na voz de Bea López. 
Os espazos novidosos deste ano serán a Sala Radar, onde se desenvolverá a noite do sábado o evento nocturno do festival, a cargo do Lisbon Poetry Ensemble e Moloch, e La Taberna del Náutico, o domingo en sesión vermú, con Lúa Mosquetera, Beatriz López, Samir Delgado, as burbullas sonicas de Rocío Cerón e o Open Mic do festival. A continuación, os poetas cruzarán o río en barco con recitais a bordo no Poetry On Board.

 

Actividades paralelas
 Ademais de varias accións poéticas, o festival complétase co Poemóbil, un coche con megafonía no que os poetas circulan recitando poesía e que funcionará mañá e tarde de mércores a sábado. Tamén como en anos anteriores, os poetas irán aos institutos Santa Irene e IES Castelao o xoves pola mañá, para dar unha nova visión ás novas xeracións do que pode ser a poesía. 
O domingo pola tarde celebrarase a cerimonia de clausura, inaugurando unha nova sección do Muro dos Poetas, unha instalación poética permanente a cargo da poeta Shernie Kaur que medra ano tras ano na rúa Londres.

 Vigo, cidade poética
 Máis de 40 poetas e artistas chegan á cidade de Vigo de todo o mundo para amosarnos o seu xeito de entender a arte e a poesía. Polas rúas de Vigo e a súa ría, poetas e intérpretes comparten espazo cos cidadáns, popularizando o acto poético e transformando sentimentos cotiáns. 
5 días de recitais, concertos, representacións e accións poéticas que devolven a Vigo o amor e a emoción pola cultura menos comercial, nas diferentes formas e expresións que a poesía pode levar no noso tempo.

 Xoves 3 outubro 2019


Galería Sargadelos
Urzáiz 17, Vigo

19:00 h.
Entrada gratuíta
Obradoiro Internacional de Tradución Poética


"Con Barqueira e Remador",
coordinado por Yolanda Castaño
Adrian Grima / Malta
Manal Al Sheikh / Iraq
Arvis Viguls / Letonia
Itisha Giri / Nepal
Rui Cóias / Portugal Gonzalo Hermo / Galicia

 

Venres 4 de outubro de 2019


Fundación Barrié
Policarpo Sanz 31, Vigo
19:30 h.
Entrada 5 € + impostos
Á venda en Eventbrite


Grupo Rompente:
Reixa, Romón e Avendaño / Vigo
Silvia Penas e Tamara Andrés / Galicia
Montenegro Fisher / Londres
Spiegel / Berlín

 

 

Sábado 5 de outubro de 2019


El Corte Inglés
Gran Vía 28, Vigo
Restaurante, 7º andar
19:30 h.
Entrada gratuíta


Rocío Cerón / Ciudad de México
Montenegro Fisher / Londres
Constance Hurlé e Rui Grenha / Vigo / Portugal
Proxecto Noctiluca / Santiago de Compostela

 

Sábado 5 de outubro 2019

 

Radar
Iglesias Esponda 30, Vigo
21:30 h.
Entrada de 5 €
Venda de billetes
Lisbon Poetry Ensemble / Lisboa
Moloch / Pontevedra

Domingo 6 de outubro de 2019


La Taberna del Náutico 
Rúa Avenidas 1, Vigo
13:00 h.
Vermú poético
Entrada gratuíta


Lúa Mosquetera / Santiago de Compostela
Samir Delgado / Canarias
Sonic Bubbles:
Rocío Cerón / Ciudad de México
B. Alonso e D. Rodríguez / Porriño / Madrid

MICRO ABERTO

Domingo 6 de outubro de 2019

 

Ferry Vigo-Moaña
Porto de Vigo
17:00 h.
#poetryonboard


Recital de balde
Prezo: o billete de Ferry
Rocío Cerón / Ciudad de México
Samir Delgado / Canarias
Montenegro Fisher / Londres

 

Domingo 6 de outubro de 2019

 

O muro dxs poetas
Rúa Londres s/n, Vigo
19:00 h cerimonia de clausura
Inauguración da terceira parte da muralla. 

Acción poética en cerámica de Sherni Kaur.

 

Versión para imprimir Versión para imprimir | Mapa del sitio
© Culture Lovers S.C.