Mais de 150 artistas e poetas de todo o mundo déronse cita no Festival Internacional de Poesía e Performance Kerouac en Vigo (Galicia), ao longo das súas 8 edicións. Agora mesmo estamos traballando na programación, artistas e espazos para Outubro 2019.
O Kerouac Vigo é unha cita aberta e cosmopolita que traballa para converter á poesía en tendencia e expoñente cultural da nosa comunidade.
O Festival Kerouac é o único evento destas características no noroeste peninsular. Unha cita moi especial para ver e escoitar diferentes expresións artísticas de caracter poético.
Nunha cidade que quere ser cada vez máis cidade, pero na que cada día parece que perde importancia a arte e a cultura, un festival como este antóllase indispensable e necesario
O festival de Performance e Poesía, Kerouac Vigo, prepárase para a súa 9a edición en 2019. Despois de 8 edicións nas que foi crecendo en tamaño e repercusión. En edicións anteriores conseguimos explotar con poesía nos institutos, museos, centros comerciais, ferrys e rúas da cidade, e mesmo editar da man de Editorial Galaxia, unha propia antoloxía do Festival chamada Latexo Beat.