Festival Kerouac Vigo

Poesía, música e performance

O FESTIVAL

Catorce anos despois de empezar cun pequeno festival de dous días e sen apenas axudas en Vigo, Vanesa Álvarez e Marcos de la Fuente seguen co seu empeño en encher a cidade de arte, música e poesía, ademais de levar poetas galegos a Nova York e México, e traer poetas americanos a Galicia, nun frutífero intercambio que leva realizandose máis de cinco anos.

Poesía, música, performance e accións poéticas en rúas e escenarios diversos, o Poemovil percorrendo a cidade lanzando poesía desde os seus altofalantes, a acción colectiva denominada Poetry on Board, que une a poetas de ambas as beiras no seu recitado sobre do mar – os poetas atlánticos -, en Vigo no barco ás illas Cíes, e en Nova York no Ferry que cruza o East River. Son os acenos de identidade e corpo visible dun evento que vai máis aló de ser un encontro de artistas internacionais, máis aló de ser ferramenta de promoción da nosa terra e a nosa cultura no mundo, máis aló de transformar unha cidade durante os días que sucede. O Festival Kerouac é xa a denominación de orixe dunha cidade que necesita ser poética para ser cidade, para abrirse ao mundo, para ser cosmopolita.

 

A PONTE

Desde 2015 o festival tende unha ponte sobre o Atlántico convidando o director do mítico Bowery Poetry Club de Nova York. Desde entón cada ano uno ou dous poetas americanos participaron no festival: Bob Holman, Bonafide Rojas, Steven T. Licardi, Lisa Markusson... Son algúns dos nomes de recoñecidos e activos poetas americanos que gozaron da cidade e qu ehan feito gozar ao público do festival. Tamén desde 2016 artistas galegos cruzaron a ponte para actuar en Nova York e en Ciudad de México. Woyza, Francisco Castro, Malvares de Moscoso, María Reimóndez, Sheila Blanco... Puideron levar a súa arte na nosa lingua á Gran Mazá a espazos como o Instituto Cervantes, Casa Galicia, Bowery Poetry Club ou La Nacional, en Nova York, o CCEMx, Casa Galicia ou os xardíns de Coyoacán en Ciudad de México. Unha ponte sobre o océano que comunica a artistas de ambas as beiras, que une escenas e intencións poéticas, institucións e empresas, pero sobre todo mostrando o necesario da comunicación proactiva e a sinerxia cultural entre países e continentes. agora máis que nunca.

Versión para imprimir | Mapa del sitio
© Culture Lovers S.C.