11 Edición Vigo. 2021

11 anos de poesía, música e performance en Vigo

O FESTIVAL

Resistir máis dunha década a crise, pandemias e dificultades varias non é tarefa fácil. Se ademais diso o festival esténdese a Nova York primeiro e a Ciudade de México despois, a odisea parece improbable e titánica. Once anos despois de empezar cun pequeno festival de dous días e sen apenas axudas en Vigo, Vanesa Álvarez e Marcos de la Fuente seguen co seu empeño en encher a cidade de arte, música e poesía, ademais de levar poetas galegos a Nova York e México, e traer poetas americanos a Galicia, nun frutífero intercambio que leva realizandose máis de cinco anos.

Poesía, música, performance e accións poéticas en rúas e escenarios diversos, o Poemovil percorrendo a cidade lanzando poesía desde os seus altofalantes, a acción colectiva denominada Poetry on Board, que une a poetas de ambas as beiras no seu recitado sobre do mar – os poetas atlánticos -, en Vigo no barco ás illas Cíes, e en Nova York no Ferry que cruza o East River. Son os acenos de identidade e corpo visible dun evento que vai máis aló de ser un encontro de artistas internacionais, máis aló de ser ferramenta de promoción da nosa terra e a nosa cultura no mundo, máis aló de transformar unha cidade durante os días que sucede. O Festival Kerouac é xa a denominación de orixe dunha cidade que necesita ser poética para ser cidade, para abrirse ao mundo, para ser cosmopolita.

 

A PONTE

Desde 2015 o festival tende unha ponte sobre o Atlántico convidando o director do mítico Bowery Poetry Club de Nova York. Desde entón cada ano uno ou dous poetas americanos participaron no festival: Bob Holman, Bonafide Rojas, Steven T. Licardi, Lisa Markusson... Son algúns dos nomes de recoñecidos e activos poetas americanos que gozaron da cidade e qu ehan feito gozar ao público do festival. Tamén desde 2016 artistas galegos cruzaron a ponte para actuar en Nova York e en Ciudad de México. Woyza, Francisco Castro, Malvares de Moscoso, María Reimóndez, Sheila Blanco... Puideron levar a súa arte na nosa lingua á Gran Mazá a espazos como o Instituto Cervantes, Casa Galicia, Bowery Poetry Club ou La Nacional, en Nova York, o CCEMx, Casa Galicia ou os xardíns de Coyoacán en Ciudad de México. Unha ponte sobre o océano que comunica a artistas de ambas as beiras, que une escenas e intencións poéticas, institucións e empresas, pero sobre todo mostrando o necesario da comunicación proactiva e a sinerxia cultural entre países e continentes. agora máis que nunca.

 

ARTISTAS VIGO 2021

A cabeza de cartel indiscutible deste ano é Laura Sam, poeta e activista cultural, organizadora do Spoken Word Bilbao, que saltou desde os escenarios do Slam Poetry aos das grandes bandas, non só polo seu proxecto musical co produtor Juan Escribano, no que atoparon a alquimia perfecta entre poesía oral e música indie, tamén por ser a teloneira do rapero,internacionalmente coñecido, Kase O, na súa última xira.  

 

O músico e produtor vigués afincado en Madrid, Miguel Marcos, é tamén coñecido como Le Voyeur. Despois de dez anos compoñendo cancións regresa á súa cidade para presentar Muerde aquel Verso, da editorial Ya lo dijo Casimiro Parker. Un libro que recolle as cancións deses dez anos, e que presentará en directo con guitarra e voz.

 

Na mesma liña de música e emoción contida poderemos gozar da actuación, por primeira vez en Vigo, de Ronroneo, o proxecto musical de Jacobo Varela, que chega desde Compostela cunha proposta de voz aterciopelada sobre instrumentais jazzisticas. Un crooner melancólico de son actual que recolle o sentir norteño dunha terra dada aos cantantes melódicos e próximos no contido das súas letras, que falan de amor e desamor no século XXI.

 

Este ano a representación americana chega desde a Universidade de Vermont, coa participación do recoñecida poeta e performer dixital Tina Escaja, tamén coñecida como Alma Pérez. As súas accións son espectaculares e investigan nas novas tecnoloxías desde o corpo poético e a acción poética contemporánea. Robots que escriben poesía, versos escritos a través de algoritmos ou accións poéticas con mensaxe crítica e social son o seu aceno de identidade. 

 

A conexión con México, o outro piar da ponte sobre o océano Atlántico que o Kerouac  contrue cada ano, vén na voz do poeta e performer, xestor e activista cultural, Iván Vergara, eixo e motor da Plataforma Placa, colectivo e editorial de autores de España e México, que leva tamén multitude de anos traballando para unir poéticamente os dous continentes con actividades literarias de todo tipo.

 

Desde Salamanca chega a poeta Montse Villar, que presentará poemas do seu último libro. Profesora e tradutora, especialmente do portugués, participou en numerosos festivais por toda a península, entre os que destacamos o festival eco poético Voces do Extremo. Sulagar o soño é o seu último obra poética, bilingüe galego-castelán e prologada por Juan Carlos Mestre. 

 

Desde a escena poética viguesa, nutrida e activa representación este ano, pois non en balde o Festival Kerouac leva definindo e dando espazo e altofalante desde os seus comezos a unha escena poética que tradicionalmente non se deixaba ver demasiado e que agora reivindica o seu sitio no panorama cultural da cidade, bastante maltratado ultimamente, sobre todo na súa facción menos popular e máis alternativa, como pode ser a poesía oral, o spoken word e a performance. O novo pero xa amplamente recoñecida poeta Oriana Méndez, tamén activista cultural, a imprescindible Graciela Baquero Ruibal, que está a piques de presentar o seu novo libro, e o colectivo de mulleres poetas do proxecto Desafiando Sombras, moi activas en eventos e micros abertos en Vigo durante todo o ano, entre as que nomeamos a Stella Maris, Alicia Savaxe, Lola Villar ou Nila Alvarez.

Poetas invitados

                                 Atlántico Diario                        8 de octubre de 2021

 

El festival poético inició su parada anual en la ciudad con una primera toma de contacto en el Marco con tres propuestas muy diferentes: Laura Sam, Tina Escaja y la viguesa Oriana Méndez

“A poesía serve para crecer”. Ese fue el mensaje con el que Marcos de la Fuente dio paso a la inauguración de la edición XI del festival Kerouac, que ayer estuvo capitaneado por tres mujeres: Oriana Méndez, Tina Escaja y Laura Sam. La sesión, que tuvo lugar en el auditorio del Marco, colgó el cartel “Sold out” (todo vendido). Sin un precio fijado, los asistentes respondieron y pagaron “la voluntad”.

La viguesa quiso homenajear a Xela Arias y con una puesta en escena sobria, Méndez recitó versos de la homenajeada en las Letras Galegas de este año.

Tina Escaja, profesora de Vermont, puso en escena  un suceso de 2021, “lo mandaron al exorcista” e implicó al público en una performance donde llegó a repartir la forma no consagrada para “comulgar con el cuerpo de la bruja”, toda una interpretación llena de doble sentido y reinterpretación feminista. Escaja ofreció un recital lleno de interacciones con el público y con sus compañeros de cartel. Así, en colaboración con @decomedula y Oriana Méndez representó el manifiesto de desconstructivista.

La tercera protagonista de la velada, Laura Sam, hizo una demostración del “Spoken Word”, donde en tono de arenga lanzó sobre los asistentes toda una declaración de intenciones, denuncias sociales y postulados estéticos. En ocasiones se acompañó por música que moduló aún más su declamación.

En el Kerouac todo es más de piel con piel, más sentimiento, por lo que los aplausos se cambiaron por chasquidos de dedos.

Aunque la de ayer fue la única sesión de Kerouac que se celebró en interior, también tuvo una acción en el exterior. De la Fuente, megáfono en mano, presentó a los viandantes a los participantes en el festival: “Aquí tenéis a sus poetas, música, poesía, arte en el Kerouac”. Hoy continúa la programación en la Taberna do Náutico, a las 12:30 horas y mañana, en el barco de las 12 horas a Cíes, donde se despedirá el festival con una intervención

Versión para imprimir | Mapa del sitio
© Culture Lovers S.C.