Xa dende a nosa II edición, camiñamos coa nosa admirada EDITORIAL GALAXIA, e na edición 2017 sacamos con eles o libro de poesía, LATEXO BEAT. (Podedes consultar todo o relacionado co libro nun apartado especial dentro desta propia web)
Dende vai dous anos, contamos cun fermoso intercambio no FESTIVAL KEROUAC VIGO: Coincidimos en datas co OBRADOIRO INTERNACIONAL DE TRADUCCIÓN POÉTICA, evento dirixido por Yolanda Castaño e que ten lugar na Illa de San Simón.
Alí desembarcan poetas de todo o mundo coas suas traduccións, e a idea e que antes o fagan en Vigo, no noso Festival.
BOWERY POETRY New York, colabora con nos no intercambio de artistas entre as dúas orillas do Atlántico, e o imprescindible Festival Arteficial con intercambios poéticos en tódalas suas formas.
Tamén AMOVIDA.GAL, coma o noso medio de comunicación oficial e apoio incondicional dende 2019.